O mercado de Pontevedra é este sábado punto de encontro e diálogo sobre feminismo. Acolle a xornada 'Escola de Pensamento Feminista', organizada polo PSdeG e que reúne a expertas en violencia machista, paridade, emprego e conciliación responsable, abolicionismo ou axenda feminista.
Entre as participantes está Sandra Amezaga, secretaria da asociación Mulleres Salgadas que agrupa ás mulleres no sector do mar.
A muller que traballa no mar é feminista?
Eu si. Moitas das miñas compañeiras, si, pero o pensamento feminista non está moi estendido ao mar. Chamoume moitísimo a atención hai uns anos que lle demos o Premio Muller Salgada a mulleres de máis de 75- 80 anos, como homenaxe a esa xeración que fixera tanto e que fora tan invisibilizada. Cando falabas con elas, usaban conceptos feministas, como sororidade. Se cadra non utilizaban esa palabra, pero definíano perfectamente. No seu día a día, tíñano moi interiorizado. E iso agora non o percibimos.
Por que agora non se detecta iso? que notastes?
Notamos, por exemplo, que custa falar de feminismo. O feminismo fai que a xente se bote para atrás. Nós declarámonos feministas nos nosos estatutos, pero logo imos a moitos sitios e dinnos: por que non poden ir homes? É que somos unha asociación de mulleres.
Que cres que pode lograr o feminismo para este sector?
Eu creo que o feminismo pode logralo todo. O camiño cara á igualdade ten que ir da man do feminismo. O feminismo está a loitar por un colectivo de mulleres que está moi esquecido. Oes falar de directivas, de executivas, do teito de cristal…. Aquí non estamos a falar de teito cristal; estamos a falar de mulleres que necesitan unhas condicións de traballo adecuadas, que se valore ese sector e o máis importante, ter voz dentro do sector, que non a temos.
Un dos lemas da vosa asociación é "En Galicia mar é feminino". E, con todo, o protagonismo segue sendo masculino.
Si, empezando polas confrarías que, de 63, saíron 4 patroas maiores nas eleccións. É pouquísimo. Se imos ás asociacións de bateeiros, pasa o mesmo. Nas federacións de confrarías non hai ningunha muller presidíndoas. Se imos a empresas conserveiras, as mulleres son as que están na planta, limpando o peixe, pero en postos directivos, contadas. E así en todo non. Aí é onde hai que aspirar, a estar aí.
Por que loitades desde Mulleres Salgadas?
Cando nacemos, tiñamos os ideais moi xerais: a visibilidade das mulleres que traballan o mar, acceder aos postos de representación... Pero démonos conta de que necesitamos cousas máis concretas. Estamos a pedir que se cambie a Lei de Confrarías, unha lei totalmente obsoleta, cunha forma de elección que penaliza as mulleres. Estamos a pedir desde hai varios anos un Observatorio de Igualdade de Xénero da Pesca de Galicia e non o conseguimos. Estamos a falar de cousas moi duras e de palabras maiores. Cando as críticas que nos fan son persoais, pero non nos fan ningunha crítica concreta ao que pedimos, ao que facemos ou ao que demandamos, que é o que estamos a facer mal? por que nos consideran tan perigosas?
E ti cal cres que é a resposta?
A resposta é que estamos a romper certa dinámica de poder, na que as cousas están moi ben para moita xente, mesmo a nivel institucional, e que non veñan unhas señoras a cambiar esta situación. Había moito costume que as asociacións de mulleres soamente son para facerse a foto á beira do conselleiro ou a conselleira de quenda, pero non para ter voz, para pedir cousas, para promover cambios. Para iso non estamos autorizadas.
Ese Observatorio aínda non se conseguiu, pero si coñecedes a situación. Falta moito para lograr esa igualdade real entre mulleres e homes?
Moitísimo porque, ademais, no caso de Galicia e o mar, hai outros problemas que se entrecruzan. Aínda que conseguísemos esa modificación da Lei de Confrarías, que a imos a conseguir porque é insosteible en termos de paridade, aínda nos quedaría moito por andar porque temos un problema estrutural dentro da sociedade. Hai unha división por xéneros dentro do sector do mar que non ten ningunha causa de ser en si mesma. As mulleres ao marisqueo a pé. Por que? Porque iso permítelles ser as únicas coidadoras das súas familias. Á sociedade vénlle moi ben ter aí unha masa gratuíta para ocuparse desa tarefa. E, ademais, considérase que é un traballo menor porque o fan esas mulleres para compensar a economía familiar cando a súa verdadeiras función é a casa. Entón, para que van participar no ámbito público si o seu lugar non é ese?
En realidade, polo que estás a definir, parece que tampouco vos diferencia tanto do que pasa noutros sectores.
Nada, non nos diferencia nada. O único que nos diferencia é que aquí hai características que agravan o problema como a contorna rural, porque estamos en pobos pequenos; a idade da maioría de mulleres do mar, que superan os 45 anos; o nivel de educación formal, que hai mariscadoras con estudos, pero non é a habitual; e o ambiente machista. E iso agrávao aínda máis. É o mesmo que pasa, por exemplo, no xornalismo, en Xudicatura. Unha gran masa de mulleres, pero non nos posto saltos. Si na política funcionaron as cotas, por que non vannos a funcionar a nós? Leis que obriguen á paridade de xénero dos órganos de representación. Pero iso, ao mesmo tempo, sen esquecernos de que hai que facer unha tarefa de educación da cidadanía para ver que as mulleres non teñen que ser as únicas coidadoras das familias, que é un problema social e que non podes organizar unha sociedade baseándoche en que as señoras se van a encargar de solucionar ese problema.
Cres que a sociedade recoñece o traballo das mulleres no mar ou segue sendo moi invisible?
Non. Porque se as recoñecesen, non estarían aí. Agora hai un problema enorme co marisqueo e as mulleres non estiveron nas mesas de negociación. A nós non nos recibiu aínda o conselleiro do mar, e cansámonos de pedilo. Pedimos tamén unha reunión á conselleira de Política Social e contestounos que non ten axenda. Se consideras que o mar e as mulleres non son prioritarios nin para a conselleira de Política Social nin para o conselleiro do Mar... Para min iso non é casual, hai unha intención de apartarnos ao carón. E nisto están a colaborar os homes do sector, están decididos a apartarnos, considérannos algo perigoso e acúsannos de feministas, que o somos, por suposto, pero coma se fose algo perigoso ou o inimigo a vencer.
Non sentides representadas nas outras entidades do sector?
Non. Non se ocupan dos nosos temas. Convocáronnos a unha reunión mariscadoras para falar das axudas FEMP ao marisqueo a pé e, cando chegamos, un patrón maior e un presidente dunha agrupación levantáronse e fóronse porque dixeron que que pintabamos nós alí.
Apártanvos eles?
Aí a presión funciona. Eu presiono: ollo con quen andades, esta xente... Pénsoo moitas veces. Somos perigosas.
Perigosas por que?
A min lémbrame ás antigas bruxas: cóntase que se viron no bosque devorando nenos. Pois non. Estamos a pedir participar nas desas de negociación? Si. Estamos a pedir ser parte da actividade económica, política e social de Galicia? Si. Estamos a pedir que non se nos asfixie financieramente e ter acceso a axudas como teñen outras asociacións que, polo visto, non son tan mal miradas? Tamén. Estamos a pedir formar parte en paridade desas organizacións pesqueiras, bateeiras...? Pois si, pero é que isto non é ningún favor, é o noso sitio. É que somos o 50% da poboación, aínda que algúns se esqueceron.
Polos datos que si que tedes, a pesar de que non se fagan estatísticas nin informes especializados, cal é esa brecha de xénero no sector?
Estamos a ver unha representación nas confrarías inferior ao 4%. Estamos a ver que todos os traballos feminizados apártanse ao carón. Non é o mesmo as axudas que saíron para o marisqueo á boia que as que saíron para o marisqueo a pé. E hai diferenzas que veñen desde que se profesionalizou o marisqueo a pé, que ten que ver cos Permex. O do marisqueo a pé renóvase anualmente e obrígache a facer limpezas e vixilancias de maneira gratuíta. Para nós é fundamental facer limpezas, pero que sexa gratuíto... e, sobre todo, que quede en mans das mariscadoras que facer co que recollen, iso non ten nin pés de cabeza porque non teñen nin os recursos nin as ferramentas. Pero, como é un colectivo formado por mulleres, non é un tema prioritario na axenda das federacións.
Cres que o que pasa é que nunca sodes prioritarias porque sodes mulleres?
Creo que nunca somos prioritarias porque somos mulleres, porque se considera que as mulleres fan traballos menores. É o mesmo que pasa coas coidadoras. Canto cobran as mulleres que coidan anciáns ás residencias? Teñen soldos bajísimos e é un traballo fundamental. Pois aquí pasa algo parecido. Antes dicíalo ti: non é moi diferente ao que pasa noutros sectores.