A iniciativa denominada Mapa dePontevedra Cidade Global, froito da colaboración entre o Concello de Pontevedra e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), estará dispoñible tanto en formato físico como dixital a través da web pontevedra.hub.gal.
Este mapa contará con versións en cinco idiomas: galego, inglés, chinés, castelán e portugués.
O acto de presentación vai desenvolverse o martes 5, ás 18.00 horas, no Pazo de Murgartegui.
Participarán Anabel Gulías, concelleira de igualdade, turismo e deporte; Xan Sabarís, responsable do deseño visual; a historiadora Cecilia Novas Garrido, encargada do relato histórico; e Daniel González Palau, director do IGADI.
O evento será presentado pola xornalista Belén López.
Este proxecto, desenvolvido porVisit Pontevedra, pon en valor o patrimonio histórico e cultural da cidade e tamén as súas infraestruturas deportivas, académicas, culturais e empresariais.
Ademais, destaca o papel de Pontevedra como punto clave no Camiño Portugués a Santiago e a súa influencia no deseño urbano internacional do século XXI.
Segundo destaca a edil Anabel Gulías, este mapa "vai supoñer unha lectura diferente das potencialidades turísticas da cidade".
A proposta fará especial fincapé no modelo urbano como elemento diferenciador de Pontevedra no panorama internacional.
A iniciativa busca posicionar a cidade como referente entre as urbes intermedias a nivel mundial, ao tempo que serve como ferramenta de marketing territorial para a captación de investimentos e o desenvolvemento do turismo 2.0.