Manuel Rañó, máximo responsable dos aparelladores de Pontevedra, novo presidente do Consello Galego da Arquitectura Técnica

Pontevedra
02 de xullo 2024

Nesta entidade están representados os colexios provinciais de Galicia. Manuel Rañó Rodríguez ten o seu estudo en Vilagarcía de Arousa e sinala que o sector "vive un bo momento" principalmente grazas ás rehabilitacións das vivendas. Insiste en que hai demanda de profesionais especializados na Arquitectura Técnica ao igual que faltan traballadores na construción

Manuel Rañó, presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra
Manuel Rañó, presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra

Manuel Rañó Rodríguez, actual presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra (Coatpo) converteuse no novo presidente do Consello Galego da Arquitectura Técnica, entidade na que están representados os colexios provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

O Consello renóvase anualmente e cada máximo responsable dos colexios provinciais asume o cargo de maneira rotatoria.

Titulado pola Escola de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña e pola Universidade Camilo José Cela, Manuel Rañó ten o seu estudo en Vilagarcía de Arousa.

Sinala que o sector vive "un bo momento" con "abundante incremento de encargos profesionais". Admite que existen "moitas ofertas laborais que non poden ser atendidas pola carencia de profesionais especializados da Arquitectura Técnica". 

Tamén indica que existe escaseza de traballadores na construción e fai unha chamada a continuar incentivando a presenza da muller neste sector con implicación por parte das administracións.

Explica que o futuro labora en Galicia pasa pola rehabilitación debido ao parque edificado envellecido e "con moitas vivendas baleiras".