Manuel Campos é investido como alcalde de Cuntis

Umia
15 de xuño 2019

No seu discurso, Campos afirmou que o seu equipo afronta con "gran ilusión" o reto de gobernar Cuntis un novo mandato. Un reto que asumen "con moita responsabilidade"

Pleno de investidura do Concello de Cuntis
Pleno de investidura do Concello de Cuntis

O salón de plenos do Concello de Cuntis foi o escenario no que tivo lugar este sábado a sesión de investidura na que o socialista Manuel Campos renovou a confianza da corporación para ser alcalde durante os próximos catro anos.

Na votación segreda, á que tamén presentou a súa candidatura a portavoz do PP, foi Manuel Campos quen logrou a maioría dos votos. O rexedor cedeu a palabra aos líderes da oposición para logo agradecer a todos os votantes e militantes do PSOE o apoio prestado.

No seu discurso, Campos afirmou que o seu equipo afronta con "gran ilusión" o reto de gobernar Cuntis un novo mandato. Un reto que asumen "con moita responsabilidade".

Tamén se acordou dos concelleiros de BNG e Veciñanza, socios durante o pasado mandato, para agradecer o seu apoio e colaboración para sacar adiante moitas iniciativas.