O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, ven de manter unha reunión de traballo co secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Manuel Vila.
O propósito era falar das obras de mellora no CPI Marcelino Aurelio Rey García, que inclúen a reforma integral da fachada e a reparación da cuberta.
O rexedor socialista afirma que estas actuacións son "demandas históricas por parte da comunidade escolar" e forman parte das peticións das que xa se lle dera traslado ao delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera.
O alcalde informou que a Consellería dispón dun proxecto técnico, pero que a día de hoxe carece de partida orzamentaria.
Campos Velay confía en que no Orzamento da Xunta para 2025 inclúa unha asignación específica para poder facer arranxar a cuberta e a fachada do colexio, "uns traballos que son moi necesarios", recalcou o alcalde de Cuntis.
Neste encontro o alcalde trasladou "o compromiso e a predisposición do Concello para colaborar" á hora de acelerar tamén outras obras menores nas que a administración autonómica ten as competencias, como é a instalación dun nova caldeira.
Manuel Campos explicou que xa se lle deu traslado á comunidade educativa dos detalles desta reunión.
Ademais destacou a "boa predisposición e o interese en buscar solucións para dar resposta a estas demandas".