A Oficina Técnica da Seca propuxo este venres manter a situación de prealerta por seca para a totalidade da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, é dicir, mantense a prealerta para os doce sistemas que xa estaban en prealerta desde xaneiro e os sete que estaban en situación de alerta pasan agora a prealerta.
Así, mantén a prealerta na conca do río Lérez e na de todos os ríos máis pequenos que desembocan na ría de Pontevedra.
O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, sinalou que os encoros acadaron cotas de ocupación máxima e sitúanse na media dos últimos cinco e dez anos
Roberto Martínez avanza que no mes de febreiro se esperan máis borrascas, polo que en marzo se volverá a analizar a situación.
O director de Augas salienta que se ten avanzado cara unha situación de normalidade, pero aínda non se saíu da situación de seca, polo que é imprescindible facer un uso responsable en todos os ámbitos.