'Mans arriba, isto é unha peaxe', o autobús-protesta de Ciudadanos que percorre Galicia

Pontevedra
07 de xullo 2020

A candidata de Ciudadanos á presidencia da Xunta de Galicia, Beatriz Pino, declaraba este martes na autoestrada AP-9 que o seu partido loitará por acabar coas peaxes e apoiará o fomento do AVE en territorio galego

A candidata de Cidadáns á presidencia da Xunta, Beatriz Pino, presenta o autobús-protesta
A candidata de Cidadáns á presidencia da Xunta, Beatriz Pino, presenta o autobús-protesta / Ciudadanos

A candidata de Ciudadanos á presidencia da Xunta de Galicia, Beatriz Pino, avanzou que o seu partido loitará por acabar coas peaxes nas autoestradas galegas. "As peaxes, con Ciudadanos na Xunta, van a ser cosas do pasado en Galicia", declaraba este martes na autoestrada AP-9, onde presentou un autobús co rótulo 'Mans arriba, isto é unha peaxe', que percorrerá a comunidade nos próximos días.

A candidata lembraba que transitar entre A Coruña e Vigo custa case 33 euros. "No podemos permitir que se les siga metiendo la mano en el bolsillo a los gallegos de esta manera. Tanto PP como PSOE no han hecho nada para solucionar este problema. Todo lo contrario. Se echan la culpa el uno al otro, pero el coste de los peajes en Galicia no deja de crecer", manifestaba Pino.

A candidata da formación laranxa aseguraba que o primeiro que vai facer cando chegue á Xunta é convocar á administración autonómica e estatal para buscar unha solución para lograr a supresión de todas as peaxes.

"Non é casualidade que Galicia sexa a terceira comunidade autónoma con máis quilómetros de pago e onde non hai alternativa gratuíta. Os galegos optan polo tren que tamén adoece de graves problemas", apuntaba Pino.

Neste sentido, insistiu na necesidade de fomentar o desenvolvemento do AVE no territorio galego, sobre todo mentres persistan unhas peaxes tan elevadas. "Galicia no puede seguir desconectada del resto de España y que a los gallegos le metan la mano en el bolsillo cada vez que cogen su coche", sentenciaba a candidata de Ciudadanos.