Mal inicio do libre marisqueo en Arousa

O Salnés
02 de outubro 2024

As 15 embarcacións que traballaron nos Lombos non atoparon marisco de talla comercial polo que se espera que a Consellería do Mar peche o banco

Mariscador en embarcación
Mariscador en embarcación / Xunta de Galicia - Arquivo

Mal inicio da campaña do libre marisqueo en Arousa que comezoou este martes confirmando as peores previsións do sector. 

Segundo informou o patrón maior de Carril, Javier Quintáns, as 15 embarcacións que traballaron nos Lombos non atoparon marisco de talla comercial polo que se espera que a Consellería do Mar peche o banco.

Tamén os patróns maiores de Rianxo, Miguel González, e de Vilanova, Rosalino Díaz, confirmaban este mesmo escenario.

Pola súa banda, o patrón da Illa, Juan José Rial Millán, explicaba que a situación nos bancos do Bohído tampouco é boa aínda que algúns mariscadores conseguiron completar o cupo a pesar de que para iso tardaron moito máis tempo do normal.