Máis dun milleiro de persoas participan no desfile central do Entroido na Lama

A Lama
17 de febreiro 2018

La niña del exorcista gañou o premio individual mentres que Amoriños de Bora vencía no concurso de comparsas coa Raíña do Entroido da Lama. Na categoría de grupos, As Marchosas de Arcade e Os Marabillosos anos de Ponte Caldelas acadaron os primeiros premios

Desfile central do Entroido na Lama 2018
Desfile central do Entroido na Lama 2018 / Concello da Lama

O desfile no municipio da Lama durante a tarde deste sábado 17 de febreiro rompeu todas as previsións. Segundo a organización, máis de 1.200 participantes desfilaron pola ruta establecida ofrecendo un espectáculo de colorido.

Tamén miles de persoas achegáronse para contemplar este desfile central aproveitando a xornada con boas condicións meteorolóxicas. Tras o percorrido, os participantes gozaron de chocolate e rosca na carpa instalada na Alameda.

Os premios foron os seguintes

- COMPARSAS

1. Raíña do Entroido da Lama. Comparsa Amoriños de Bora

2. Os 100 tolos

3. Os Solfamidas

- GRUPOS VISITANTES

1. As Marchosas de Arcade

2. Imos á praia anos 20 de Samieira (Poio)

3. A Semente de Salcedo.

- GRUPOS LOCAIS

1. Os marabillosos anos de Ponte Caldelas

2. Borracheira de Amor, de A Lama

3. Recordando vellos tempos en Galicia. ANPA de A Lama

- INDIVIDUAL/PARELLAS

1. La niña del exorcista

2. O Rápido de Caritel

3. A Familia Ketchup

A agrupación infantil premiada foi Feitas para voar, de Fornelos de Montes.

Arquivado en