Máis de duascentas persoas participan na andaina nocturna dos Fachos

Pontevedra
25 de setembro 2022

Unhas 215 persoas, entre elas nenos e maiores, participaron este sábado na andaina dos Fachos, a única ruta nocturna incluída no programa municipal de Ponteandadas. Os participantes partiron sobre as oito da tarde da Praza de España

Participantes na andaina dos Fachos
Participantes na andaina dos Fachos / Concello de Pontevedra

Unhas 215 persoas, entre elas nenos e maiores, participaron este sábado na andaina dos Fachos, a única ruta nocturna incluída no programa municipal de Ponteandadas.

Os participantes partiron sobre as oito da tarde da Praza de España e completaron un percorrido circular de varios kilómetros, con dificultade baixa, que tivo una duración dunhas dúas horas.

A ruta estivo guiada por membros do Naturgaliza Club.

A próxima cita con Ponteandadas, unha iniciativa da concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde, será o 23 de outubro cunha andaina por Lérez e Alba que partirá da Illa das Esculturas.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través de [email protected], no teléfono 625 482 636 ou presencialmente na tenda Naturcamiña, situada nas Galerías da Oliva.