O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto aos tres portavoces do PP, Jacobo Moreira; BNG, Raimundo González e PSdeG, Antón Louro; reuníronse este venres cunha representación da Plataforma de afectados de Marín-Pontevedra para facer un chamamento conxunto á cidadanía a participar nunha manifestación o próximo 10 de maio en apoio aos afectados pola comercialización indebida de participacións preferentes e obrigacións subordinadas.
O alcalde informou que este conflito supón na cidade do Lérez que máis 50 millóns de euros pertencentes a unhas 2.500 familias do municipio están "no limbo" e "non se utilizan para reactivar a economía".
Neste sentido Fernández Lores mostrouse confiado en que "canto máis masiva sexa a manifestación, quen teña que tomar as decisións as tomará". A esta mobilización brindou o apoio do seu grupo, Jacobo Moreira, aínda que o retirará "si isto se instrumentaliza".
As decisión do Partido Popular esta supeditada ao resultado do pleno do próximo luns, no que se debaterá a derrogación do real decreto polo que se "expropian gran parte dos aforros" dos afectados e a petición a Novagalicia Banco para que, no prazo dun mes, "inicie a devolución íntegra aos estafados".
De incumplirse esta condición, o Concello de Pontevedra deberá "cancelar" as contas nesa entidade, "coa única limitación da preservación dos intereses municipais", segundo comprometéronse este venres coas Plataforma.
Un dos seus portavoces, Daniel Rabuñal, considerou "positivo" o encontro polo "consenso" de todos os portavoces municipais e a súa "vontade de colaboración". "Para nós é importante non estar sos na rúa e contar co seu respaldo", destacou.