Máis de 400 persoas participan na xincana da mobilidade amábel

Pontevedra
28 de novembro 2020

O Concello de Pontevedra organiza tres itinerarios pola cidade para dar a coñecer aos veciños as novidades da nova ordenanza de mobilidade

Xincana da mobilidade polas rúas de Pontevedra
Xincana da mobilidade polas rúas de Pontevedra / Cristina Saiz

Máis de 400 persoas participaron este sábado na xincana organizada polo Concello de Pontevedra para dar a coñecer a nova ordenanza de mobilidade amable promovida polo goberno local.

A meta da iniciativa era dar a coñecer entre a cidadanía como desprazarse pola cidade. O obxectivo era completar algún dos tres itinerarios marcados, o peonil, o ciclista ou de calquera outro vehículo de mobilidade persoal; e o mixto. Tres roteiros por distintos puntos da cidade que confluían todos na meta da praza da Ferraría. 

Ao longo da xincana, cada participante tivo que selar a súa tarxeta a medida que completaban o percorrido para obter os premios e agasallos que recibiron todos os participantes.