Máis de 300 persoas acompañarán a comitiva dos Reis Magos na cabalgata de Poio

Poio
08 de decembro 2023

Mentres o Concello prepara esa cabalgata, este sábado 9 as familias teñen unha cita na Aldea do Adro de San Salvador co tren máxico. A partir das 16.30 horas comezará un pasacalles da batuka Canecos e, unha hora máis tarde, ás 17.30 horas, está previsto o espectáculo de música e baile Aldea do Nadal, de Nelson Quinteiro. A Coral de Poio pechará a xornada co XXIII Concerto de Nadal no interior da igrexa

Aldea do Adro de San Salvador
Aldea do Adro de San Salvador / Concello de Poio

Integrantes das ANPAs de todos os centros escolares de Poio, comparsas e batukas teñen previsto participar na cabalgata que o Concello organiza para a visita dos Reis Magos ao municipio na que se espera reunir unha comitiva de máis de 300 persoas.

Durante estas xornadas xa traballan na elaboración de accesorios e elementos que utilizarán con motivo desa data tan esperada polo público infantil.

Durante as últimas semanas, escolares e adultos participaron en obradoiro para crear eses complementos.

Dentro da programación do Concello de Poio para estas festas, durante a xornada deste sábado 9, as familias tamén teñen unha cita na Aldea do Adro de San Salvador. Neste espazo gozarán co tren máxico. Ás 16.30 horas comezará a música co pasacalles da batuka Canecos. 

Ás 17.30 horas está previsto que se inicie o espectáculo de música e baile Aldea do Nadal, de Nelson Quinteiro. En caso de choiva, a función trasladarase ao salón de actos parroquial.

A partir das 19.00 horas, no interior da igrexa, celebrarase o XXIII Concerto de Nadal, que organiza a Coral de Poio.

OBRADOIROS CREATIVOS

Tamén se atopa aberto o prazo para que as persoas interesadas se apunten aos obradoiro creativos que se poñerán en marcha na Casa Rosada, na parroquia de San Salvador, durante o martes 19 e o xoves 21 de decembro.

Realizaranse adornos e centros de Nadal no primeiro, mentres que o segundo consistirá na elaboración dun gnomo do Nadal

As inscricións deben realizarse no teléfono 986.872.401.

Estes obradoiro están destinadas a persoas adultas e son gratuítas.