Máis de 280.000 euros destínanse a contratar profesionais para os CIM da área de Pontevedra

Ponte Caldelas
02 de setembro 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, sinalaba este investimento durante a súa visita ao Centro de Información á Muller de Ponte Caldelas, acompañado polo alcalde Andrés Díaz

Agustín Reguera e Andrés Díaz no CIM de Ponte Caldelas
Agustín Reguera e Andrés Díaz no CIM de Ponte Caldelas / Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia destinou máis de 280.000 euros á contratación de profesionais para os Centros de Información á Muller (CIM) da área de influencia de Pontevedra, segundo informou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, durante a súa visita ao CIM de Ponte Caldelas.

Durante este encuentro al que asistía también el alcalde Andrés Díaz, Reguera destacou o "importante traballo" que se leva a cabo nestes centros, que funcionan como puntos de referencia seguros e de confianza para as mulleres que o precisen.

Ademais, apuntou ao papel dos CIM como aliados dos concellos na organización de actividades educativas e de conciliación familiar.

A través da consellería de Política Social e Igualdade, a Xunta entregou unha subvención bianual de 45.000 euros ao CIM de Ponte Caldelas, que permitiu financiar a contratación dun/ha asesor/a xurídico e un/ha profesional da psicoloxía.

Estas contratacións garanten o correcto funcionamento do centro e aseguran un servizo completo e de calidade, segundo a administración autonómica.

No conxunto da provincia de Pontevedra, a Xunta investiu máis de 1,2 millóns de euros no Programa de apoio aos CIM, o que permitiu financiar os salarios de 63 profesionais que traballan para axudar a millares de mulleres.

As axudas, segundo a Xunta, son fundamentais para asegurar o funcionamento dos CIM e a prestación de atención xurídica, psicolóxica e social ás usuarias.

O delegado territorial destacou que os CIM, máis alá da súa función de apoio directo ás mulleres, tamén desempeñan un papel crucial na organización de actividades comunitarias que promoven a igualdade e a conciliación familiar.