A través do mail [email protected] segue aberta a inscripción gratuita para participar na terceira "Pontevedrada a Compostela" que arrincará desde a Praza da Ferrería ás 20.00 horas do sábado 27 de abril con máis de 150 marchosos solidarios de diversas idades procedentes de toda Galicia.
A Pontevedrada conta, entre outras, coa colaboración do Centro de Transfusión de Galicia, a Oficina de Coordinación de Transplantes ou a Fundación Josep Carreras, entre outras moitas empresas, colectivos e particulares.
Como xa se sinalou trátase dunha marcha solidaria nocturna e ininterrumpida de 63 km. polo Camiño de Santiago desde a Cidade do Lérez ata Santiago de Compostela, onde rematará a camiñada ao mediodía do domingo 28 de abril na Praza do Obradoiro. O seu obxectivo pretende concienciar á poboación da importancia da donación altruísta de sangue, órganos e tecidos.
A Pontevedrada, inspirada nunha marcha similar que desde fai anos celébrase na Rioja -a "Valvanerada"- xorde do impulso sinxelo e espontáneo de dous donantes que invitan a cantos marchosos solidarios queiran, a participar o sábado 27 de abril deste pequeno gran reto nocturno, mestura de solidariedade e altruismo, espírito de superación e ilusión permanente polo deporte e a aventura sans.
Aínda que se conta co apoio loxístico dunha ambulancia e vehículos de apoio, dado que non é obrigatorio completar a camiñada, aconséllase levar reflectantes, lanterna e pilas de reposto, teléfono móbil cargado, bebida e alimento lixeiros, roupa de abrigo e chubasqueiro, bastóns de trekking, calzado e calcetíns de reposto e un pequeno botiquín. Por certo que o retorno a casa farase por libre.