Máis de 12.000 quilos de comida recollidos polo Banco de Alimentos na campaña 'Zampakilos Solidario'

Poio
25 de marzo 2023

A solidariedade triunfou na campaña Zampakilos Solidario de Vegalsa-Eroski, recadando un total de 12.574 quilos en Pontevedra entre os concellos de Poio, Marín, Bueu, Arcade, Lalín ou Vilagarcía

Voluntarios da campaña Zampakilos Solidario
Voluntarios da campaña Zampakilos Solidario / Fundación Provincial del Banco de Alimentos

A solidariedade triunfou na campaña Zampakilos Solidario de Vegalsa-Eroski, recadando un total de 12.574 quilos en Pontevedra entre os concellos de Poio, Marín, Bueu, Arcade, Lalín ou Vilagarcía.

En total, a campaña recadou case 50.000 quilos de comida en toda a provincia, o mellor resultado nos sete anos que se leva organizando esta actividade.

A estas cifras hai que sumar os máis de 4.000 euros recadados a través de achegas benéficas que a xente realizaba ao pasar por caixa, unha cantidade que se destinará á compra de produtos de primeira necesidade. 

Desde a Fundación Provincial do Banco de Alimentos móstranse moi satisfeitos con estes resultados, explicando que nun contexto actual tan complicado, cos prezos dos alimentos disparados, colleitouse case o dobre que na campaña do ano 2022.

A campaña realizouse na fin de semana do 10 e 11 de marzo en todos os Eroski e Autoservizo Familia da provincia de Pontevedra, mobilizando a máis de 500 voluntarios en supermercados de Vigo, Poio, Redondela. Mos, Porriño, Baiona, Nigrán, Lalín, Vilagarcía, Marín, Arcade, Bueu e A Guarda.

Desde o Banco de Alimentos destacan que no ano 2022 repartiron preto de 2 millóns de quilos de comida na provincia, logrando mellorar a denominada cesta básica para adquirir e repartir alimentos máis saudables.