Máis da metade dos ingresados en UCI teñen 40 anos ou menos

Pontevedra
11 de xullo 2021

O dato foi facilitado este sábado pola Consellería de  Sanidade que traslada a súa preocupación por esta quinta onda e apela unha vez máis ao "sentidiño" ao asegurar que "o virus segue moi activo"

UCI de Pontevedra con pacientes con covid-19
UCI de Pontevedra con pacientes con covid-19 / Pool / Ramón Leiro

Máis da metade dos ingresados nas unidades de coidados intensivos (UCI) dos hospitais galegos teñen 40 ou menos anos. 

Nas unidades de coidados intensivos había este sábado 12 pacientes críticos. Afortunadamente a presión hospitalaria reduciuse lixeiramente nas últimas horas con 47 pacientes con  covid en planta.

O dato foi facilitado este sábado pola Consellería de  Sanidade que traslada a súa preocupación por esta quinta onda e apela unha vez máis ao "sentidiño" ao asegurar que "o virus segue moi activo". 

A Consellería de  Sanidade lanzou esta mensaxe nunha xornada na que os novos  contagios de covid-19 detectados nun só día volvéronse a disparar en Galicia ata situarse nos 655, en niveis inéditos desde a terceira onda da pandemia en febreiro. 

Os casos activos da enfermidade aumentaron ata os 4.168, case medio milleiro máis que hai un día.

"Gocemos dun verán seguro", é a mensaxe que reitera a Consellería.