Máis ciberexpertos: 29 alumnos do colexio Cabanas

Pontevedra
22 de maio 2024

Os Delegados de Participación Cidadá da Policía Nacional entregáronlles o carné este mércores

Alumnado do CEIP de Cabanas que obtivo o carné de ciberexperto
Alumnado do CEIP de Cabanas que obtivo o carné de ciberexperto / Policía Nacional

Este mércores, 29 alumnos do colexio Cabanas obtiveron o carné de ciberexperto.

Os delegados de Participación Cidadá da Policía Nacional e o comisario xefe provincial Juan José Díaz Jiménez acudiron a este centro educativo da parroquia pontevedresa de Salcedo para entregarlles estas acreditacións.

Os axentes especializados imparten charlas de prevención e seguridade en colexios de toda Pontevedra, sobre o acoso escolar, o consumo de drogas e alcol, as bandas violentas e o racismo, a violencia sobre a muller e a discriminación e os riscos asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais. 

Trátase dunha actividade que forma parte do "Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas".