O Concello de Barro aprobou a solicitude de licenza presentada pola empresa Mafari para a construción dunhas instalacións no polígono de Outeda.
Estas dedicaranse á torrefacción de café e ao seu centro loxístico principal.
A nave ocupará dúas parcelas, La22 e La23, que suman ao redor de 10.000 metros cadrados. A superficie construída ten 4.300 e as instalacións un total de 6.000 metros cadrados.
O orzamento de execución das obras ascende a 3.700.000 euros (antes de IVE).
O alcalde de Barro, Fernández Abraldes, mostrou a súa satisfacción pola chegada desta empresa, destacando a consolidación do polígono de Outeda como referente no sector da alimentación e servizos.
Abraldes tamén indicou que están a cumprir un dos seus principais obxectivos, que era facer que o polígono de Outeda consolidásese como unha referencia, "combinando así a necesaria actividade industrial co benestar da veciñanza que vive na contorna".
Con esta nova incorporación, Mafari súmase ás xa instaladas Froiz, Estrela Galicia, Artesa, Transfrío e Froitas Moncho, entre outras.