Madalenas de arandos e galletas crinkles, os protagonistas desta fin de semana en O Ganapán

Pontevedra
26 de abril 2023

O Gastroespazo do Mercado de Abastos acollerá o sábado 29 de abril e o domingo 30 os nenos de entre 4 a 10 anos para outra fin de semana de O Ganapán, a iniciativa de lecer infantil, promovida pola Concellería de Promoción Económica

Nenos na inciativa do Ganapán
Nenos na inciativa do Ganapán / Facebook de O Ganapán

O Gastroespazo do Mercado de Abastos acollerá o sábado 29 de abril e o domingo 30 os nenos de entre 4 a 10 anos para outra fin de semana de O Ganapán, a iniciativa de lecer infantil, promovida pola Concellería de Promoción Económica.

O sábado a rapazada cociñará unhas madalenas de arandos ademais de que confeccionarán uns pins para decorar os seus outfits ou os dos maiores. O domingo seguirán exercendo como pasteleiros e elaborarán unhas galletas crinkles e tamén farán uns abanicos para estar preparados para cando cheguen as altas temperaturas a Galicia. 

Os horarios previstos para esta fin de semana son desde as 11:30 horas ás 13:30 horas, os dous días da fin de semana. 

As persoas interesadas en participar deberán insribirse no correo electrónico oganapan@gmail.com.Ademais deberán indicar alerxias e intolerancias.

Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, lembra: "non esquecer a friameira para poder levar a casa estas exquisiteces, dignas de probar polas familias dos meniños e meniñas participantes”.