Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita que nos trae os aromas da cociña italiana e coa que imos aproveitar todos os beneficios de dous moluscos moi prezados: os mexillóns e os berberechos.
Tanto os mexillóns como os berberechos Pescamar son moluscos altamente nutritivos, grazas á súa achega en ferro. O seu baixo contido en graxas e gran porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables.
Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web lémbranos que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".
Para preparar uns saborosos Macarróns á carbonara con mexillóns e berberechos Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 lata de berberechos ao natural Pescamar
- 1 lata de mexillóns ao natural das Rías Galegas Pescamar
- 100 g. de gambas
- Aceite de oliva
- Sal
- 300 g. de pasta de macarrón
- queixo relado (opcional)
Para a salsa carbonara:
- 2 dentes de allo
- 1 folla de loureiro
- 1 cebola
- 1 porro
- 2 culleradas sopeiras de aceite de oliva
- 2 vasos de nata fresca
Preparación:
Fervemos a pasta durante 15 minutos e reservamos.
Para a salsa carbonara, cortamos en toros finos o allo e a cebola e sofritímolos no aceite de oliva. Cando estean a medio facer, incorporamos o porro, previamente picado, e o loureiro. Tras uns 15 minutos, mesturamos todo enerxicamente e deixamos 30 minutos a lume lento. Retiramos a folla de loureiro.
Engadimos ás verduras as gambas e as latas de berberechos ao natural Pescamar e de mexillóns ao natural das Rías Galegas Pescamar, previamente escorridas. Mesturamos todos os ingredientes. Agregamos a nata e deixamos a lume lento ata que se reduza ata a metade.
Nunha bandexa para forno, colocamos os macarróns e cubrímolos coa salsa carbonara. Se se desexa gratinar, empoamos o queixo relado por enriba e introducimos a bandexa no forno, prequentado a 180 graos, ata que a parte superior quede dourada.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.