Luz verde do Concello de Pontevedra para resolver a débeda da Ponte das Correntes

Pontevedra
01 de outubro 2012

O Concello de Pontevedra aproba o convenio que permitirá á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras cumprir co seu compromiso económico para financiar a Ponte das Correntes que ascendía aos tres millóns de euros.

O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández co alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores
O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández co alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores

A xunta de goberno do Concello de Pontevedra aprobou o convenio de colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas para a construción da Ponte das Correntes.

Desbloqueado este trámite burocrático a Administración autonómica abonará ⿿de inmediato⿝ medio millón de euros correspondentes ao presente exercicio. Para o próximo ano será outros 542.000 euros.

O financiamento da ponte suscitou friccións entre o goberno local e a Xunta, logo que o conselleiro, Agustín Hernández, anunciara no Parlamento galego que o convenio co Concello tiña expirado o pasado 31 de decembro e que a esa data o goberno local non xustificara a cantidade total comprometida pola Xunta.

A polémica resolveuse durante a visita previa á inauguración da Ponte das Correntes. Cinco minutos de conversa entre o conselleiro e o alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores,  foron suficientes para resolver o enfrontamento.

O compromiso económico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras ascendía aos tres millóns de euros, dos cales pagáronse 1.970.000 euros.