Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos elaborar unha salsa con base de xarda de Conservas Pescamar, que nos servirá de acompañamento para unhas luras fritas.
A cabala ou xarda é un dos peixes azuis máis apreciados polo seu alto contido en ácidos graxos omega-3, que nos axudan a levar unha dieta sa.
Para preparar unhas decliciosas Luras fritas con salsa de xarda Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 lata de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar
- 200 g de queixo cremoso
- 100 g de maionesa
- 10 olivas recheas de anchoa
- 1 limón
- 1 cullerada de perexil
- Unha lura grande
- Fariña de trigo especial para fritir
- Sal
- Aceite de oliva suave
- Leite
Preparación:
Para a salsa, mesturamos os Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar, o queixo e a maionesa coa batedora ata obter unha crema espesa. A continuación, trituramos as olivas e incorporámolas á mestura. Engadimos un pouco de zume de limón para conseguir unha mestura máis cremosa. Reservamos.
Limpamos a lura e retirámoslle a pluma interior, as peles e aletas. Cortamos en aneis grosos e deixámolos 30 minutos nun recipiente co leite. Retirámolos, escorremos e secamos con papel de cociña. Salgamos lixeiramente.
Nun cunco poñemos a fariña e rebozamos os aneis de lura.
Nunha tixola, poñemos unha boa cantidade de aceite e cando estea quente imos introducindo os aneis aos poucos, para que non baixe a temperatura do aceite. Cando vaian estando dourados, retirámolos a un prato con papel de cociña para que absorba o exceso de aceite.
Para servir, colocamos as luras fritas nunha fonte e a salsa para acompañar nun cunco, cun pouco de perexil por riba.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.