Luís Rei lamenta que En Marea non puidese "desprazar á dereita do goberno da Xunta"

Pontevedra
26 de setembro 2016

"Era o último test importante para este espazo de confluencia" dixo Luís Rei en referencia á cita electoral deste domingo 25 de setembro, neste sentido cre que "superamos as expectativas"

Luis Rei, portavoz de Marea Pontevedra
Luis Rei, portavoz de Marea Pontevedra

O portavoz municipal de Marea Pontevedra, Luís Rei, lamentou "non cumprir co obxectivo que nos propuxemos de desprazar á dereita do goberno da Xunta".

Dito isto, Luís Rei engadiu que "como Marea" saímos "satisfeitos do apoio que recollemos". 

"Era o último test importante para este espazo de confluencia", dixo Luís Rei en referencia á cita electoral deste domingo 25 de setembro. Neste sentido cre que "superamos as expectativas".

Tamén valorou positivamente que En Marea sexa "a segunda forza en Galicia, na provincia de Pontevedra e tamén no concello de Pontevedra" unha circunstancia que lles "anima a pensar que ao redor de nós pódese construír unha alternativa que faga que no ano 2020 podamos desprazar á dereita do goberno da Xunta de Galicia".

Arquivado en