Luís Rei asegura que a normalización lingüística vai ter unha maior atención con Marea Pontevedra no goberno do Concello

Pontevedra
07 de maio 2019

Rei e a número 6 da lista de Marea, Herminia Dios, mantiveron un encontro coa Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística para "comezar unha colaboración que poida paliar unha situación de risco para un patrimonio único"

Luis Rei coa representante da Coordinadora de Traballadores de Normalización Liguística
Luis Rei coa representante da Coordinadora de Traballadores de Normalización Liguística

O voceiro e candidato de Marea Pontevedra, Luís Rei, asegura que a normalización lingüística vai ter unha maior atención con Marea Pontevedra no goberno do Concello.

Rei e a número 6 da lista de Marea, Herminia Dios, mantiveron un encontro coa Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística para "comezar unha colaboración que poida paliar unha situación de risco para un patrimonio único". 

Para Luís Rei "é unha asignatura pendente do Bloque de Lores despois de 20 anos gobernando. Desde logo que co goberno de Marea Pontevedra terá unha maior atención".

Entre as demandas "asumidas e incorporadas" a axenda de goberno de Marea Pontevedra figura un incremento da partida destinada a normalización lingüística "que permitan potenciar o servizo e consolidar os postos de traballo", tamén está a proposta de mellorar toda a sinalización do concello y facer un "axeitado uso público do idioma galego" por parte dos representantes públicos.

 

Arquivado en