O aínda alcalde de Soutomaior en funcións, Agustín Reguera, será o novo delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.
O seu nomeamento fíxose oficial este xoves, días asntes de que perda a Alcaldía, que agora ocupará Manu Lourenzo para o BNG.
Tamén se confirmou o cesamento do actual responsable, Luís López, que previsiblemente, e segundo todas as fontes consultadas, converterase en novo presidente da Deputación de Pontevedra.
O Consello de la Xunta aprobou este xoves os cesamentos e nomeamentos e tamén o cesamento da actual delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, que previsiblemente será nova vicepresidenta da Deputación.
Co cesamento de Fernández-Tapias chegará á Xunta en Vigo unha vella coñecida de Pontevedra, Ana Ortiz, ata o de agora secretaria territorial da Delegación da Xunta en Vigo, e antes co mesmo porto en Pontevedra. Ademais, foi subdelegada do Goberno durante Pontevedra o mandato de Mariano Rajoy.
Con estes cambios aprobados este xoves, confírmase o que xa era un secreto a voces nos últimos días, que Luís López será o futuro presidente da Deputación de Pontevedra. Aínda non hai confirmación oficial, pero está previsto que este venres ofreza unha rolda de prensa.
O camiño xa se achandou este mércores coa dimisión masiva de 16 membros da candidatura do PP de Rodeiro que presentaron a renuncia á súa acta de concelleiro na Xunta Electoral de Zona para que no Pleno de investidura do sábado Luís López poida recoller a súa acta de concelleiro.
López ía no número 21 da candidatura do PP en Rodeiro, municipio do que foi alcalde ata que se converteu en delegado da Xunta. Pechaba a lista de suplentes, de modo que non foi elixido concelleiro tras as municipais, pero para ser presidente da Deputación debe ser concelleiro electo. Agora xa o é.
O PP recuperou a maioría absoluta na Deputación de Pontevedra tras oito anos dun Bipartito PSOE-BNG liderado por Carmela Silva.