Luis López pide "atención e recoñecemento para os concellos" nunha carta para os Reis Magos

Pontevedra
02 de xaneiro 2025
Actualizado: 15:17

Tamén expresa un desexo para este ano que acaba de comezar: "menos muros e máis pontes que unan persoas e ideas".

Luis López, presidente da Deputación
Luis López, presidente da Deputación

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, expresa os desexos da provincia para o novo ano nun vídeo no que escribe a carta para os Reis Magos.

"Para os cativos, ilusión, que é o mellor xoguete", comeza a escribir o mandatario popular nunha posta en escea para a que escolleu o Teatro Fraga, en Vigo.

Na súa misiva o presidente provincial pide "atención e recoñecemento para os concellos", ademáis de "experiencias 100 % Rías Baixas para os que decidan visitarnos".

Tamén expresa un desexo para este ano que acaba de comezar: "menos muros e máis pontes que unan persoas e ideas".

A carta remata cunha mensaxe "entre todos faremos do 2025 un ano extraordinario".