Luís Campos Villarino que, desde hai sete anos, preside o Colexio Oficial de Médicos da provincia de Pontevedra, continuará á fronte do mesmo durante outros catro anos máis. Así o decidiu a Xunta electoral deste órgano colegial ao no presentarse ningunha outra candidatura ás eleccións. Será o seu terceiro mandato consecutivo.
Ademais de Campos Villarino, a nova Xunta Directiva do Colexio de Médicos, que representa a 4.200 médicos da provincia, está formada por Isidro Lago, Manuel Rodríguez Piñeiro, Jaime Gonzálvez e Jorge Nogueira como vicepresidentes, Pedro Silva como secretario xeral, Antonio Larriba como vicesecretario e Concepción Almanza como tesoreira.
Os vocais de cada unha das áreas son Roberto Celi (atención primaria rural), Gonzalo Sans (atención primaria urbana), Fernando Rodríguez Triana (atención especializada), Santiago Saavedra (medicina privada), Gabriel Romero de Ávila (médicos novos ou en formación), María Victoria Aldea (promoción de emprego), Manuel Robles (médicos xubilados) e María Vitocria Crespo (médicos ao servizo da administración).