Luis Bará chama desde Hifas da Terra a apostar polo I+D+i en Galicia

Pontevedra
06 de setembro 2016

Galicia ten que ser "puxante e innovadora", segundo o BNG. Por iso, o seu candidato por Pontevedra, Luis Bará, visitou este martes a empresa pontevedresa Hifas da Terra, da que destacou a clara aposta pola inversión en I+D+i, o desenvolvemento do talento e a innovación. Ese é o camiño, dixo, que deben seguir as compañías galegas

Luis Bará durante a súa visita a Hifas da Terra
Luis Bará durante a súa visita a Hifas da Terra / BNG Pontevedra

Galicia ten que ser "puxante e innovadora", segundo o BNG. Por iso, o seu candidato por Pontevedra, Luis Bará, visitou este martes a empresa pontevedresa Hifas da Terra, da que destacou a clara aposta pola inversión en I+D+i, o desenvolvemento do talento e a innovación. Ese é o camiño, dixo, que deben seguir as compañías galegas.

Hifas da Terra é unha empresa biotecnolóxica especializada na produción de produtos relacionados coa micoloxía que leva 16 anos traballando no desenvolvemento das potencialidades dos cogomelos.

As setas son estudiadas en múltiples ensaios clínicos polas súas propiedades e, ata o de agora, están a reinvestir todos os beneficios para ampliar liñas de investigación. 

A empresa está dividida en catro áreas: a de cultivo, a de viveiro, a de cosmética e a de produtos medicinais, que é a máis desenvolvida e supón o 50% dos ingresos, con exportacións a sete países.

A día de hoxe estase a traballar para poñer en marcha a Fundación Hifas, co fin de ampliar a investigación da micoloxía para tratamentos oncolóxicos e acadar a súa utilización de xeito cofinanciado dentro do sistema público de saúde.

"Nós temos saber facer, temos coñecemento e materia prima. Se Galicia aposta pola innovación, polo talento e pola investigación, poderemos saír adiante, pero necesítase un tempo novo no que as institución poñan a disposición as ferramentas para desenvolver todo ese potencial", asegurou Bará.

Arquivado en