Luciano Sobral pecha unha candidatura do BNG de Poio chea de "forza, ilusión e capacidade"

Poio
14 de abril 2023

Marga Caldas, a candidata á Alcaldía, pon en valor a preparación, a xuventude, a veteranía e a representatividade sectorial e territorial da candidatura do BNG

Candidatura do BNG de Poio
Candidatura do BNG de Poio / BNG de Poio

"Teño o orgullo de encabezar unha candidatura fantástica, formada por mulleres e homes con forza, con ilusión e con capacidade para construir o Poio do Futuro", afirmou a candidata do BNG á Alcaldía de Poio, Marga Caldas.

Este venres tivo lugar a presentación da candidatura da formación nacionalista en Poio conformada por "xente representativa das parroquias e dos distintos sectores claves para o desenvolvemento de Poio", segundo destacou a cabeza de lista.

Marga Caldas manifestou que están "orgullosos polo traballo feito até agora" afirmando que "o Poio de hoxe ten o ADN do BNG" que describiu coma "un concello próspero, dinámico, que medra en poboación e é un xerador neto de emprego" e ademáis ten "unha alta calidade de vida en todas e cada unha das súas parroquias" e, engadiu, "por esa senda queremos continuar as mulleres e homes que formamos parte da candidatura do BNG ás vindeiras eleccións do 28 de maio".

A candidatura do BNG está encabezada por Marga Caldas. Como número dous na lista vai Xulio Barreiro Lubián, actual concelleiro de Economía e Facenda e Novas Tecnoloxías, de quen dixo "representa a historia, o coñecemento e o saber". O terceiro posto é para Raquel Rodríguez Alonso, actual concelleira de Cultura, Educación, Normalización Lingüística e Memoria Histórica, de quen salientou o seu "excepcional traballo nas areas da súa competencia".

No cuarto lugar da lista está Iago Garrido Vilar, unha persoa moi vencellada ao deporte de Poio, e que, segundo Marga Caldas "vai facer que o deporte de Poio dea un paso máis cara a excelencia". O quinto posto é para María Pousada Pacheco, licenciada den xestión pública. Carlos García Fernández, director do IES de Monte Porreiro é o sexto na lista. A continuación seguen: no 7 Noa Fernández Torres, 8 Francisco Acuña Casas, 9 Andrea Ferrer Muñiz, 10 Martín Coego Perez, 11 Carmen Carreiro Montero, 12 Xan Bautista Cambón Rodríguez, 13 Iria Aboal Beloso, 14 Raúl Eirabella Lorenzo, 15 Xosé Lois Martínez Blanco, actual concelleiro de Festexos, Medio Ambiente e Persoal, 16 María Xosé Rodríguez Martínez.

De 17 na lista do BNG vai Luciano Sobral Fernández, actual alcalde de Poio. "O posto de honra, pechando a candidatura, non podía ser para outro que non fose Nito, oalcalde maís querido de Poio", explicou Marga Caldas.

Como suplentes figuran: Paula Piñeiro Fernández, José Alonso Piñeiro, Rebeca Garrido Lorenzo, Alberte Fernández Silva, Paula Pérez Expósito, Xermán Rouco Llanderrozas, Estefanía Lorenzo García, Miguel Soares Remiseiro, Claudia Rivera Rivas e Xosé Lois Estévez Blanco.