As luces de Nadal xa brillan en Marín

Marín
05 de decembro 2024

Unha coroa de luces LED situada fronte á entrada da Escola Naval Militar, como homenaxe á presenza en Marín da princesa Leonor, é a principal novidade das luces do Nadal na vila

Acendido da iluminación do Nadal de Marín
Acendido da iluminación do Nadal de Marín / Concello de Marín

O Nadal entrou con forza en Marín.

Fíxoo este xoves 5 de decembro co aceso oficial das luces e decoración propias das datas.

Ademais cunha gran novidade, a colocación dunha gran coroa de luces LED fronte á entrada da Escola Naval Militar, na Praza de España.

Toda unha chiscadela á presenza en Marín até o próximo 20 de decembro da princesa Leonor, e que partiu como iniciativa da empresa encargada de colocar a iluminación na vila.

A instalación da iluminación foi adxudicada no seu momento á empresa Tecmodeco por 100.430 euros.

Acendido da iluminación do Nadal de Marín
Acendido dá iluminación do Nadal de Marín Concello de Marín

O acto de aceso das luces tivo lugar ás 18.30 horas coa participación do Coro de Cámara Thalassa.

Ademais estaba prevista unha chocolatada e un concerto do Nadal da Banda de Música de Marín.

Este xoves tamén era a primeira xornada para disfritar do Poboado de Nadal e as actividades instaladas na Alameda.