Louro critica o "ton amable" do alcalde coa ministra de Fomento

Pontevedra
02 de outubro 2012

O teniente de alcalde en Pontevedra, Antón Louro, discrepa cos seus socios no goberno local polo ton "amable" empregado nas súas críticas aos Orzamentos Xerais do Estado. "Cren que iso pode fomentar unhas relacións que logo na práctica non se dan", indicou.

O tenente de alcalde de Pontevedra e portavoz do Grupo municipal socialista, Antón Louro, criticou o "ton amable" das valoracións dos seus socios no goberno local de Pontevedra.

Nunha rolda de prensa na sé provincial do PSdeG-PSOE, Antón Louro, referiuse ás declaracións do portavoz municipal, Raimundo González, quen rexeitou de forma genérica os Orzamentos Xerais do Estado por provocar o "empobrecimiento global do país", á vez que admitiu que o documento "recolle as demandas históricas".

Como única queixa Raimundo González cualificou as partidas que tocan a Pontevedra de "escasas, unhas migallas".

"Os pequenos compromisos que había coa ministra, si se cumpren, polo tanto non imos aquí a arrear estopa a diestro e sinistro", dixo voceiro do goberno local, Raimundo González.

Fronte a estas valoracións Louro cre "que Raimundo, o propio alcalde e o señor Mosquera, últimamente están practicando un ton amable nas súas intervencións porque cren que iso pode fomentar unhas relacións que logo na práctica non se dan", indicou.

"Raimundo González e Miguel Anxo Fernández Lores comparten comigo ou análise dos presupostos e saben que son unha auténtica milonga para Pontevedra", asegurou Antón Louro "o que pasa e que o alcalde agora, as veces, ponse institucional e sáelle así", engadiu.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, insistía o pasado luns en que as partidas destinadas por Fomento nos Orzamentos Xerais do Estado respectan a palabra da ministra, Ana Pastor.

Sen dúbida é máis contundente o socialista Antón Louro que cualifica como "lamentables" os orzamentos "os peores que nos podiamos esperar" e concluíu que as contas do Estado "creban a palabra do señor Rajoy e da señora Pastor con Pontevedra".