Lores: "ÿ incomprensible que o PP cun desastre de Goberno volvera gañar"

Pontevedra
21 de outubro 2012

Ante o "revés electoral" os nacionalistas pontevedreses refuxianse nos "bos" resultados que ofrece o municipio. Desde a autoridade que lle da a Lores gobernar Pontevedra, o bastión do BNG, afirma que "non soubemos transmitir que éramos unha alternativa fiable" e asegura que terán que "analizar en profundidade cales son as alternativas".

O candidato do BNG, Luis Bará co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
O candidato do BNG, Luis Bará co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores / PontevedraViva

"Os resultados obviamente en Galicia son malos", resumiu o alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores, "baixamos, que imos dicir".

O único consolo que atopou o rexedor foi que no municipio e na comarca os resultados para a súa formación foron "bos", un cualificativo que se sustenta en base á subida en votos "e tamén en porcentaxe, o problema é que sobe Anova e que o PSOE baixou moitísimo".

Respecto ao seu municipio Lores valorou positivamente que "a nos non nos quitaron votos, quitáronllo maioritariamente ao PSOE e tamén algo o PP que aquí baixou en votos".

Respecto ao resultado global dos comicios galegos e a vitoria do candidato do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, co rostro desencaixado o alcalde confesou que "os cidadáns son soberanos, votan o que consideran convinte e nos temos que mellorar a nosa mensaxe o noso traballo, porque indiscutiblemente non queda máis que recoñecer que non soubemos transmitir que éramos unha alternativa fiable⿦ que lle imos a facer".

"ÿ incomprensible -engadiu- que o Partido Popular cun desastre de Goberno volvera a gañar cunha maioría máis folgada, e incomprensible", repetiu.

Respecto de irrupción de Xosé Manuel Beiras con aNova (AGE), Fernández Lores sinalou que no Bloque "teremos que analizar en profundidade cales son as alternativas". Estes análise non se farán esperar pois o alcalde pontevedrés informou que a Executiva Nacional do BNG reunirase mañá en Santiago de Compostela pola tarde.

Nesta mesma liña expresouse o número catro da candidatura do Bloque nacionalista galego, Luís Bará, quen compareceu ante a prensa asumindo que "hai que estar para as duras e para as maduras" convencido de que "este país necesita do noso traballo" polo que reafirmou que "seguiremos coa mesma adicación, para adiante", dixo para admitir a continuación que estaba "decepcionado".

DECEPCION NO BNG

Esta mesma emoción resume o sentimento entre a militancia nacionalista durante a tarde noite de onte.

Pechados os colexios e a medida que avanzaba o escrutinio escoitábase polos corredores do segundo piso de rúa Marquesa un "Tsk!" Que era ese son⿦? Era un chasquido, ese que se realiza coa lingua para expresar incomodidade. "Tsk!"

Pronto empezaron a aflorar os "mi madriñaaaa", e por suposto os tacos, curiosamente, case todos en castelán. Logo estaban os optimistas: Hai que seguir traballando, duramente, máis⿦ Nin unha mala palabra sobre Beiras.

Algúns optaron por reunirse no bar de abaixo, o "Café del siglo", para recuperar as forzas cun tentenpié e afogar as penas cunha cervexa.

Pero houbo moitos, aquí si que foi unha gran maioría, que nin sequera optaron por esa alternativa e despedíronse cedo cun "mañá falamos".

A espantada foi tan ampla que antes de que comparecese o candidato Jorquera xa se baleirou a sé nacionalista.

Arquivado en