Lores, sobre os posibles acordos na Deputación: "É obvio que o BNG non vai facer un pacto co PP"

Pontevedra
29 de maio 2015

A pesar de que nega o acordo co PP, Lores rexeita que o seu partido dese xa o visto e prace a un pacto co PsdeG-PSOE para un establecer un Goberno bipartito e aclara que "está claro que non hai ningún cheque en branco para ninguén". Mostra o seu desacordo con que os socialistas xa de por feito que Carmela Silva presidirá a institución provincial, "non me gusta nada de nada"

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra / Mónica Patxot
Lores lanza unha advertencia ao PSOE sobre os pactos na Deputación /

O alcalde en funcións e cabeza visible do BNG en Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, rexeita que o seu partido pacte co PP para facilitar que goberne a Deputación. Faino despois de que o actual presidente e responsable provincial dos 'populares', Rafael Louzán, tenda a man aos nacionalistas para negociar un pacto de goberno.

Ante ese ofrecemento, Lores asegurou que "é obvio que o BNG non vai facer un pacto co Partido Popular. Iso está escrito e se non está escrito, escribímolo". Recoñece que Louzán lle chamou tras as eleccións "para felicitarme" polo resultado e que "puidemos falar dalgunha outra cosiña por ahí", pero non que existise ningún pacto.

A pesar de que nega o acordo co PP, Lores rexeita que o seu partido dese xa o visto e prace a un pacto co PSdeG-PSOE para un establecer un Goberno bipartito na Deputación baixo Presidencia socialista e aclara que "está claro que non hai ningún cheque en branco para ninguén". De feito, asegura que todo acordo se fará "coas cousas moi claras, con luz e taquígrafos" e mostra o seu desacordo con que os socialistas xa de por feito que Carmela Silva presidirá a institución provincial, "non me gusta nada de nada".

"Está claro que non hai ningún cheque en branco para ninguén"

A abstención do BNG no Pleno de investidura do próximo presidente daría a Presidencia ao PP como partido máis votado, pero Lords asegurá que é "raro" que vaia optar por esa decisión e, en todo caso, a mensaxe na que el quere insistir é que "o que non vai a haber é un pacto co PP" nin se vai permitir que o PSOE goberne e priorice os intereses de Vigo en detrimento dos de Pontevedra e o resto dos municipios da provincia, tal e como xa anunciou o alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero.

"Algún ten dúbida a estas alturas de cal é a política de pactos do BNG e do BNG de Pontevedra? Nós pactamos o mellor para a cidade, para a provincia e obviamente co PP non pactamos nunca", quixo aclarar ao respecto e asegurou que na Corporación provincial só apoiarían unha política de uso "democrático e equitativo" da institución, pois ten que ser "un ente aglutinador de concellos".

Arquivado en