O Bloque Nacionalista Galego (BNG) deu a coñecer este sábado a composición da lista electoral coa que concorrerá en Pontevedra ás eleccións municipais do próximo 28 de maio, e na que Miguel Anxo Fernández Lores buscará alcanzar o seu sétimo mandato como alcalde da capital provincial.
"Creo que é a candidatura que mellor representa á sociedade pontevedresa activa, traballadora, honrada, orgullosa de si mesma", defendeu o candidato nacionalista nun acto celebrado na Alameda.
Trátase dunha lista electoral con poucas novidades pero con "un grupo plural e variado. Hai xente do rural e do urbano desde Xeve a Bora, desde As Covaceiras á Parda, desde Ponte Sampaio a Mourente, de Lérez a San Brais ou da Avenida de Vigo ao Centro Histórico", defendeu Lores.
O cabeza de cartel do BNG asegurou na súa intervención que "sabemos que vai ser unha campaña difícil, pero todos os que estamos aquí confiamos nas nosas posibilidades, porque o que se está xogando nesta campaña electoral é avanzar, avanzar e avanzar ou a volta atrás á Pontevedra rancia, casposa e clasista do Partido Popular dos anos 80 e 90".
Con algunha variación na orde dos postos cabeceiros da candidatura, e tendoen cuenta o número de 11 edís que alcanzou a formación na última cita cos urnas, só aparecería unha novidade no número 8 coa inclusión de María Xosé Abilleira Novo, coñecida polo seu labor á fronte da Asociación de Veciños San Bieito de Lérez, en lugar a actual concelleira de parroquias, Pilar Comesaña, que deixaría a súa acta despois de máis dunha década de traballo municipal pasando a ocupar o último posto da lista.
Acompañan a Miguel Anxo Fernández Lores neses postos principais: 2-Eva María Villaverde Pego, 3-Anabel Gulías Torreiro, 4-César Mosquera Lorenzo, 5-Demetrio Gómez Xunqueira, 6-Carme da Silva Méndez, 7-Raimundo González Carballo, 8-María Xosé Abilleira Novo, 9-Xaquín Moreda González, 10- Carme Fouces Díaz, 11-Alberto Oubiña Piai.
Completan a candidatura: 12-Paula Acibeiro Castro, 13-Fernando Romero Casas, 14-Víctor Almeirda Domínguez, 15-Zeltia Pino Rodríguez, 16-Víctor Cal Pérez, 17-Alba Cuba Dorado, 18-Sebastián Filgueira Conde, 19-Esperanza Marín Magdalena, 20-Uxía Couto Escobar, 21-Pedro Meilán López, 22-María Luisa Sabajanes Torres, 23-Victoria Canoura Leira, 24-Luís Bará Torres, 25-Pilar Comesaña Hermida, e como suplentes 26-Lola Dopico Aneiros, 27-Daniel Pampín Paz, 28-Begoña Mallo Rei, 29-Víctor Lueiros Lores, 30-Luísa Márquez Rodríguez, 31-Florencio Chantrero Filgueira, 32-Pili Dopazo Leirós, 33-Xosé Abilleira Sanmartín, 34-Marta Gómez Martín, 35-Hadrián Pernas Pardavila.