Lores insiste en que debe ser a Xunta quen contemple a creación de aparcadoiros en superficie para Montecelo

Pontevedra
18 de xaneiro 2019

En todo caso, afirma que o importante é que se avance na construción deste edificio que conta cun orzamento de 200 millóns de euros e asegura que a meirande parte dos hospitais que se crean contan con aparcadoiros soterrados e de pago

Firma do convenio entre o Sergas e o Concello para a construción do Gran Montecelo
Firma do convenio entre o Sergas e o Concello para a construción do Gran Montecelo / Mónica Patxot

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, respondía ás críticas que se realizan sobre a falta de accesos e de transporte público ao Hospital Montecelo de cara á construción do novo edificio. O máximo representante municipal sinala que se está facendo un acceso directo desde o Nó do Pino, unha infraestrutura que permitirá os pacientes da zona do Morrazo e de Vilagarcía acceder ao futuro Gran Montecelo pola zona sur. Trátase, explica Lores, que pode absorber ao redor de 12.000 vehículos diarios.

Encanto ao transporte público, Lores recoñecer que existe unha demanda por parte dos usuarios pero, pola contra, os autobuses que fan a ruta a Montecelo se atopan baleiros. Indica que será necesario buscar a fórmula para que sexa máis operativo. 

Fernández Lores insistiu en que o importante é que se leve a cabo o proxecto do Gran Montecelo nun momento en que está en debate a sanidade pública e se fala do déficit tanto de persoal como de medios nos centros sanitarios. "Eu o que quero é que estea ben dotado", indicou o alcalde.

Indica que o prioritario é que se faga xa este proxecto de 200 millóns de euros, que conte con tecnoloxía e se convirta nunha aposta pola sanidade pública. "É importante comom vou ao hospital, pero menos", afirmou a preguntas dos xornalistas, "o problema é que esteas alí tirado nun box sete horas ou que non haxa tecnoloxía para atender as túas doenzas".

APARCADOIRO

En canto ás palabras do vicepresidente da Xunta trasladando a responsabilidade do aparcadoiro ao Concello, Fernández Lores sinala que unha instalación como esta ten que estar prevista no proxecto sectorial, que corresponde á administración autonómica.

Sinala que desde o goberno local se trasladou a idea de crear aparcadoiros en superficie recualificando os terreos, que son rústicos, para que sexan compatibles con aparcadoiros en superficie. "É o máis barato", apunta o rexedor, que indicou que facer aparcadoiros soterrados como se acometen en todos os hospitais teñen uns custos altos.

Neste sentido, indica que todos os hospitais contan con aparcadoiros soterrados e de pagamento. "Nós queremos resolvelo e estamos dando opcións", concluía Lores alegando que "damos solucións que están funcionando porque algo sabemos diso".

Arquivado en