Lores e Louzán piden a Ana Pastor que aprace o desafiuzamento dos cines de Vialia

Pontevedra
16 de maio 2013

Os traballadores da empresa Ábaco Cinebox solicitaron a mediación da Deputación e o Concello de Pontevedra ante a ministra de Fomento, Ana Pastor, para que consiga o adiamento do xuízo por desafiuzamento que ameaza con deixar á cidade do Lérez sen cines. O xuízo está sinalado para o vindeiro luns día 20 á unha da tarde

Xuntanza dos traballadores dos cines de Vialia co alcalde
Xuntanza dos traballadores dos cines de Vialia co alcalde / PontevedraViva

Os traballadores da empresa Ábaco Cinebox solicitaron a mediación da Deputación e o Concello de Pontevedra ante a ministra de Fomento, Ana Pastor, para que consiga o adiamento do xuízo por desafiuzamento que ameaza con deixar á cidade do Lérez sen cines.

O xuízo está sinalado para o vindeiro luns día 20 á unha da tarde.

Ante a inminencia da cita co tribunal, o secretario comarcal de Comisións Obreiras en Pontevedra, José Luís García Pedrosa, xunto a representantes do comité de traballadores dos cines de Vialia visitaron a primeira hora deste xoves a Deputación onde foron recibidos polas deputadas Ana Isabel Vázquez e Begoña Estévez que se comprometeron a trasladar ao presidente da institución, Rafael Louzán, a petición do persoal.

Ao terminar este encontro acudiron ao despacho do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que inmediatamente telefoneou ao ministerio para dar conta desta xestión.

Os traballadores pretenden gañar tempo aprazando esa vista polo proceso de desaloxo e que o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF), propietario do local de Vialia, renegocie con Ábaco o pago da débeda polo aluguer que supera os 1,3 millóns de euros.

"Montar un novo cine aí costaría dous millóns e medio de euros"

"Tampouco pretendemos que o aplazamento sexa indefinido pero si queremos que se plantexe a posibilidade de reducir ou prezo do aluguer, porque tampouco se soluciona nada pechando o local, xa que, seguramente, iso conlevaría o peche dos outros locais", dixo Pedrosa.

"Todo o equipamento, dende as butacas ata as máquinas de proxección, pertence a Ábaco Cinebox cines que o levaría se se ten que ir", xa que foi ofrecido sen éxito ao ADIF como pago da débeda.

Segundo explicaron desde a empresa aos traballadores "montar un novo cine aí custaría dous millóns e medio de euros, e con este nivel de espectadores (dous mil cada semana) ningúen está por facer unha investimento económico así de elevado, co cal Pontevedra non volvería a ter cines na vida".

García Pedrosa asegurou que a empresa está decidida a continuar a súa actividade

García Pedrosa asegurou que a empresa está decidida a continuar a súa actividade, tal e como lle informou o propio director xeral da firma valenciana, Juan Ignacio Moreno, "o problema é que estamos moi pillados co tempo, pero é que os traballadores nos souberon do problema ata que o comunicou a empresa Ábaco o pasado día 8, e resulta que xa se aprazara este xuizo o día 3, e eles non tiñan nin idea".

O alcalde de Pontevedra desvelou que desde o Concello intentouse "buscar algunha colaboración coa empresa Ábaco para facer algún tipo de actividade con proxección de películas non exactamente comerciais", pero esta negociación non fructificou "non foi posible", lamentouse Fernández Lores.

Arquivado en