Lores asegura que "non hai ningunha xustificación laboral para non chegar a un acordo neste concello"

Pontevedra
11 de xuño 2018

Este luns houbo unha mobilización dos funcionarios municipais convocada por Comisións Obreiras e Afumpo porque entenden que está rota a negociación colectiva co Concello de Pontevedra. UXT e CIG non participaron nesta acción de protesta

Protesta traballadores municipais
Protesta traballadores municipais / Alejandro Vila

Este luns houbo unha mobilización dos funcionarios municipais convocada por Comisións Obreiras e Afumpo porque entenden que está rota a negociación colectiva co Concello de Pontevedra. UXT e CIG non participaron nesta acción de protesta. Pola súa banda o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, non entende estas queixas porque "non hai ningunha xustificación laboral para non chegar a un acordo neste concello".

O delegado de persoal de Comisións Obreiras no Concello de Pontevedra, Antonio Millares, reprochou ao alcalde que non atenda ao mandato da corporación que en pleno instáballe a retomar as negociacións laborais cos traballadores. Un comportamento que cualificou de "muy grave" asegurando que "el BNG solo se acuerda de los trabajadores el 1 de mayo para ir detrás de la pancarta" e que o resto do ano "se convierten en unos auténticos empresarios explotadores".

"Nosotros no vemos a esto mucha salida" afirmou Antonio Millares, "con lo cual estaremos avocados a un conflicto largo y duro que lo único que va a dejar son cadáveres por el camino y que va a acabar con la poca moral que le queda a los trabajadores del concello".

Héctor Santaló, portavoz de Afumpo (Agrupación de Funcionarios Municipais de Pontevedra), reprochou o inmobilismo do interlocutor asignado polo goberno local neste conflito laboral, o concelleiro de persoal Vicente Legísima que "simplemente calla, no hay comunicación, ningún tipo de conversaciones".

Por este motivo considera que "es necesario sacar a los trabajadores a la calle" para conseguir un acordo "justo y razonable".

RESPOSTA DO ALCALDE

Pola súa banda o alcalde de Pontevedra negou que as negociacións estean rotas "a non ser que as rompesen eles" e asegurou que no Goberno local son "plenamente conscientes" de que os funcionarios perderon poder adquisitivo e asegurou que "demostramos ao longo dos últimos anos" a súa desconformidade con eses recortes "pagámoslles a extraordinaria e tivemos unha denuncia do propio goberno por facelo".

Lores insistiu en que "estamos a negociar uns incrementos que van entre o 8 e o 12%" e reto aos representantes sindicais a que "si hai algunha administración ou empresa privada que fai semellante oferta que veñan e que mo digan".

O alcalde da capital ha apuntado que "haberá problemas doutro tipo pero non son laborais os que pode haber neste momento" polo que concluíu dicindo que "non hai ningunha xustificación laboral para non chegar a un acordo neste concello e somos absolutamente magnánimos", afirmando que coa oferta presentada polo goberno local "estamos a bordear a legalidade vixente".

Finalmente o rexedor lembrou que "hai sindicatos que estanse a manifestar e que pactan subidas salariais noutros colectivos laborais e funcionarios moi inferiores á oferta que está a facer este goberno municipal. Con isto dígoo todo", concluíu.