Lores: "A Feijóo só lle faltou prometer un pisito no Caribe a todos os pontevedreses"

08 de setembro 2016

Nin variante de Alba, nin pavillón de ximnasia, nin residencia de maiores. Miguel Anxo Fernández Lores non cre ningunha das promesas electorais formuladas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a presentación do programa do PPdeG para as eleccións galegas. "Na campaña algúns pasan a lingua a pasear", afirmou o alcalde de Pontevedra

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra / Mónica Patxot

Nin variante de Alba, nin pavillón de ximnasia, nin residencia de maiores. Miguel Anxo Fernández Lores non cre ningunha das promesas electorais formuladas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a presentación do programa do PPdeG para as eleccións galegas. "Na campaña algúns pasan a lingua a pasear", afirmou o alcalde de Pontevedra.

"A Feijóo só lle faltou prometer un pisito non Caribe a todos os pontevedreses", chegou a ironizar un Fernández Lores que asegurou que lle resulta "pouco serio" a postura dos populares despois de sete anos "ninguneando" a Pontevedra.

O alcalde lembrou que todo o anunciado polo presidente da Xunta na Illa das Esculturas son demandas históricas da cidade, polo que avanzou que "esixiremos que se cumpran os compromisos", aínda que insistise en que neste caso trátase de promesas electorais ás que "non hai que darlle máis crédito".

Desde que Feijóo goberna na Xunta, lembrou o rexedor nacionalista, ao PP "nunca lle interesou a cidade" e así o demostra, dixo, a "ausencia total" de investimentos en Pontevedra nos últimos sete anos.

Arquivado en