Os datos estadísticos da Xunta de Galicia a través da plataforma pescadegalicia.com recollen que a lonxa de Campelo perdeu 2,9 millóns de euros de facturación de peixe e marisco no último ano.
Concretamente, as vendas baixaron un 69% pasando de 6.497.446 euros a 3.557.125.
En 2024 poxouse un 70,19% menos de mercadoría que no ano anterior, tan só 82.391 quilos de ameixa xapónica, 4.790 de fina, 4.521 de berberecho e apenas 67,24 quilos de ameixa babosa.
Este balance anual está lastrado polo peche do marisqueo por mor da mortaldade da ameixa polo exceso de auga doce e a subida da temperatura.
Os datos do portal oficial Pesca de Galicia tamén apuntan que no catro rulas da ría de Pontevedra, isto é: Campelo, Bueu, Marín e Portonovo, descendeu un 34,5% a cantidade de peixe e marisco poxada co que a facturación final viuse afectada nunha porcentaxe similar, un 35,77%.
É dicir, en 2023 despacharon un total de 3.607.059 quilos de mercadoría e facturaron 15.518.112 euros, mentres que en 2024 o volume de capturas totais foi de 2.360.334 quilos e a facturación foi de 9.964.478 euros.