Localizan o corpo sen vida dunha muller flotando na auga na praia do Facho en Cambados

O Salnés
14 de outubro 2024

Foi un particular o que alertou ao 112 Galicia minutos antes das 17.00 horas da tarde. As forzas da orde traballan para esclarecer os feitos

O Facho, Cambados
O Facho, Cambados

Unha muller foi localizada sen vida este luns flotando na auga en Cambados.

Ocorreu concretamente na praia do Facho, en Castrelo.

Segundo explica o 112 Galicia, un particular alertou da situación minutos antes das 17.00 horas, ao atopar o corpo da muller flotando no mar. Afirmaba ademais que era posible rescatalo desde a beira, sen necesidade de medios acuáticos.

Os servizos de emerxencia recuperaron o corpo, pero os efectivos sanitarios trasladados ao lugar só puideron certificar a súa morte.

Avanza o 112 que as forzas da orde traballan agora para esclarecer os feitos.