As 'Conversas no primeiro andar' celebradas as últimas semanas no mercado de abastos de Pontevedra encaran a recta final coas dúas últimas citas.
A penúltima, este xoves, converteuse nun ritual colectivo de literatura, música e viño que convidou a toda unha xeración a espirse e mostrarse tal cal é, máis libre.
A responsable foi a activista LGTBIQ+, cantante e actriz Rocío Saiz, que presentou o seu libro Que no se te note, a súa novela debut, unha autoficción bela, disruptiva e descarada.
Compartiu co público que se deu cita no primeiro piso do mercado pontevedrés a súa visión sobre o amor e a vida e, como no seu libro, realizou un retrato dunha xeración que se esforza por esconder o ruinmente humano e que súa moito no intento.
Como en todo este ciclo, literatura, música e viño foron da man, de modo que este ritual se complementou coa presentación da adega 'Anónimas viticultoras', de Cristina Yagüe e María Falcón, e un showcase de Buenatarde e Rocío Saiz.
Para moderar todo o evento, a xornalista de Onda Cero Pontevedra Susana Pedreira.
Conversas do primeiro andar' aínda terá un último pase, este sábado 23 de novembro. Será a presentación, ás 18.00 horas, do libro Galicia musicalidade, de Noel Turbulencias.
Moderada pola xornalista de Diario de Pontevedra Belén López, a actividade complementarase cun charla con Javier Coya, 'O viño na Pontevedra actual'.