Limpan o leito do río da Gándara entre Alba e Cerponzóns

Pontevedra
20 de xuño 2021

Os traballos están a desenvolverse nun tramo de 1,1 quilómetros de lonxitude e céntranse na retirada de árbores e ramas caídas na canle para evitar atascos e na eliminación de especies invasoras nas súas marxes

Traballos de limpeza no leito o río da Gándara
Traballos de limpeza no leito o río da Gándara /

Operarios de Augas de Galicia están a executar tarefas de conservación e limpeza no leito do río da Gándara, entre as parroquias de Alba e Cerponzóns.

Os traballos están a desenvolverse nun tramo de 1,1 quilómetros de lonxitude e céntranse na retirada de árbores e ramas caídas na canle para evitar atascos e na eliminación de especies invasoras nas súas marxes.

Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Esta intervención, segundo destaca a Xunta de Galicia, contribuirá á mellora do leito fluvial para conseguir condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos ambientais e de uso social na contorna do río.