A Xunta publica este mércores na plataforma Contratos de Galicia a licitación das obras de acondicionamento das plantas 5ª a 8ª do edificio de Benito Corbal por un importe de 825.000 euros.
A Universidade disporá así de tres plantas no centro de Pontevedra para desenvolver o Campus Crea e a planta 8ª acollerá a sede da futura Fundación Manolo Moldes. As obras de acondicionamento deberán estar rematadas nun prazo de 6 meses dende o seu inicio, polo que ao longo do ano que vén, o edificio estará plenamente operativo.
O novo e reformado edificio de Benito Corbal inaugurouse no mes de maio. Grazas a un orzamento total de preto de 5 millóns de euros, os case 6.000 metros do edificio situado no centro da cidade de Pontevedra.
Dende este martes albergan nas súas tres primeiras plantas as oficinas de emprego e as asociacións situadas nas plantas terceira, cuarta e quinta que están xa levando a cabo as mudanzas aos seus novos locais na sede de Benito Corbal.