O Liceo Casino entrega as insignias de ouro aos seus Socios de Honra

Pontevedra
12 de outubro 2024

O Salón Nobre do Liceo Casino acolleu este venres o acto de entrega de insignias de ouro e diplomas da sociedade ás persoas que este ano cumpren medio século como socios da entidade

Homenaxe aos novos socios de honra do Liceo Casino de Pontevedra
Homenaxe aos novos socios de honra do Liceo Casino de Pontevedra / Mónica Patxot

O Salón Nobre do Liceo Casino acolleu este venres o acto de entrega de insignias de ouro e diplomas da sociedade ás persoas que este ano alcanzaron a categoría de Socios de Honra, recoñecemento outorgado a quen foron socios da entidade durante 50 anos ininterrompidos.

Os homenaxeados, Rafael Díaz Lorente, José Fernando Filgueira Iglesias, Pedro Lorenzo Macías, Carlos Pérez Cameselle, Antonio Rodríguez Gil e Antonio de Ron Pedreira, acudiron acompañados por familiares e amigos.

Foron recibidos polo presidente Alejandro Regueiro. Posteriormente, realizouse a tradicional foto de familia.

O xantar-homenaxe, que reuniu a preto de 100 persoas, converteuse no marco perfecto para destacar a importancia destes socios na historia do Liceo Casino xa que, grazas a eles, "segue sendo un referente entre a sociedade pontevedresa", sinalou o Regueiro.

En nome dos homenaxeados, Antonio de Ron expresou o seu agradecemento á directiva e destacando a carga emocional e os bos recordos que este acto deixou en todos os presentes.