Letras en cor azul para dar a benvida ao municipio na rotonda da Reigosa

Ponte Caldelas
15 de marzo 2021

Esta actuación del Concello de Ponte Caldelas busca reformar las glorietas con plantas bajas que faciliten la visibilidad y la seguridad vial de los vehículos que circulan por la intersección de la carretera PO-532

Rotonda da Reigosa
Rotonda da Reigosa / Concello de Ponte Caldelas

Calquera persoa que circule pola Reigosa xa pode ver na rotonda de acceso ao municipio 'Ponte Caldelas' en letras de cor azul. Trátase dunha obra realizada polo Concello para mellorar a imaxe de entrada ao municipio para aqueles vehículos que procedan de Pontevedra.

Do mesmo xeito que xa se actuou nas glorietas do polígono empresarial, tamén se instalou pedra branca de base con plantas baixas para facilitar a visibilidade e a seguridade viaria a aquelas persoas que se trasladen nos seus vehículos pola intersección da PO-532.

Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas, afirma que con estes traballos se mellora a imaxe do municipio e avanza que, nas próximas semanas, realizaranse outras accións similares nos lugares de Forzáns e de Caritel.