A tenente de alcalde de Pontevedra, Carme da Silva, esixiu ao portavoz municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, "que se tome os plenos do Concello máis en serio do que o toma".
No pleno do 21 de marzo debateuse unha moción dos populares na que reiteraba a necesidade de "defender a importancia de Pontevedra" fronte ao "agravio" que supoñía a posta en marcha da área Metropolitana de Vigo e advertía da "continua perda de peso" da cidade do Lérez nos últimos anos. A corporación municipal de Pontevedra opúxose á moción do PP.
Carmen da Silva chamou a atención sobre o feito de que "aquilo que Moreira tanto criticaba", agora sexa o Partido Popular o que o pida e recoñeza a capitalidade de Vigo como "reivindicación histórica" e lle dea cobertura legal. Para iso os populares presentarán unha emenda que empraza a dotar á cidade olívica dos mesmos servizos que unha capital de provincia.
O texto da Lei da área Metropolitana recollerá que Vigo, como capital do ente, "terá un tratamento propio na dotación de servizos públicos da administración central, autonómica e provincial, similar aos dunha capital de provincia". Prevén que o Parlamento galego, "no que Moreira e deputado" o referende no pleno ordinario do mes de xullo.
Carme da Silva dixo ter a impresión de que "Jacobo non se entera, no PP non lle contan as cousas, porque non é normal que sexan as emendas do grupo do Partido Popular".
"Isto demostra que Jacobo Moreira ten un problema de comunicación dentro do grupo popular e un problema grave de seriedade no Concello de Pontevedra", concluíu Carme da Silva.