O candidato do Partido Socialista á Xunta de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga, mantivo este mércores en Pontevedra un encontro coa directiva da Federación Galega de Xóvenes Empresarios.
No encontro Leiceaga defendeu a súa proposta de habilitar un "plan de relevo xeracional" para os autónomos galegos, a semellanza do que xa funciona "con éxito" noutras comunidades como Cantabria.
"Se trata de conseguir que autónomos a piques de xubilarse poidan contratar unha persoa para que se faga cargo da súa empresa, formándoo durante dous anos con axuda pública para que se garanta a continuidade destes establecementos", sinalou o candidato socialista.
Ademais explicou que a súa intención é "facer un esforzo" desde o IGAPE "para impulsar a creación de novas empresas".