Lavado de cara da alameda de Augasantas

Cerdedo-Cotobade
20 de abril 2017

Os traballos céntranse na rehabilitación do recinto, o cintado do muro, a limpeza de todos os seus elementos e a poda de árbores

Traballos de poda na alameda de Augasantas
Traballos de poda na alameda de Augasantas

O Concello de Cerdedo-Cotobade está a acometer o proxecto de rehabilitación integral e posta en valor da histórica alameda de Augasantas, a única destas características existente no municipio.

A actuación estase a centrar na rehabilitación do recinto e da súa contorna, a limpeza e cintado do seu muro, o acondicionamento de todos os seus elementos e a poda dos árbores. 

A alameda de Augasantas é o escenario das festas patronais, romarías, roteiros cabalares e xuntanzas diversas ao longo de todo o ano.

Ademais, na zona sitúase a Casa do Pobo, un centro veciñal de gran actividade que vai beneficiarse dunha reforma integral ao longo deste ano no marco do proxecto co que se pretenden poñer en valor todos os locais sociais antes do ano 2019.