Lasaña con filetes de xarda Pescamar e queixo de cabra

Pontevedra
07 de abril 2018

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha deliciosa receita italiana, a lasaña, un prato que admite entre os seus ingredientes tanto peixes, como verduras ou carnes. Nesta ocasión, combinamos filetes de xarda Pescamar con queixo de cabra.

Lasaña
Lasaña

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha deliciosa receita italiana, a lasaña, un prato que admite entre os seus ingredientes tanto peixes, como verduras ou carnes. Nesta ocasión, imos aproveitar as excelentes calidades dos produtos de Conservas Pescamar e os seus filetes de xarda do sur.

A xarda é un dos peixes azuis máis apreciados polo seu alto contido en ácidos graxos omega-3, moi indicados para protexer o noso corazón e previr unha gran variedade de enfermidades cardiovasculares.

Para preparar esta deliciosa  Lasaña con filetes de xarda Pescamar e queixo de cabra necesitamos os seguintes ingredientes para 4 persoas:

- 2 latas de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar

- 12 láminas de pasta para lasaña

- 180 g de verduras sobrantes doutro guiso

- 40 g de tomate frito

- 1 cebola

- 120 g de queixo de cabra

- 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra

- Sal

- Pementa

- Ourego

Preparación:

Poñemos nun cazo auga con sal a ferver. Cando xa estea a ferver, engádense as láminas de pasta durante 5 minutos, ata que queden al dente para que non rompan.

Mentres tanto, nunha tixola engadimos un chorriño de aceite e douramos a cebola previamente cortado en anacos.

Unha vez que temos preparados os ingredientes, montamos a lasaña nun molde para forno, onde poñeremos un chorriño de aceite e fariña para que non se pegue.

Primeiro colocamos unha lámina. Enriba, unha parte de verduras, outra de salsa de tomate cun pouco de pementa e o contido dunha lata de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar (co aceite previamente escorrido).

A continuación, unha segunda lámina, a mestura de verduras, un pouco de salsa de tomate con pementa e o contido dunha lata de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar (sen o aceite). Cubrimos cunha terceira lámina.

Enriba desta última lámina, poñemos queixo de cabra cortado en rodas moi finas e empoamos ourego ao gusto.

Procederemos da mesma maneira ata completar as catro racións. A continuación, introducimos o molde no forno durante 5 minutos a 250º C en grella.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva", de Conservas Pescamar.